|
SONS PARA BADUAR
DOMINGO DÍA 20 DE NOVEMBRO
20,30 HORAS AUDITORIO DE GALICIA
ENTRADA GRATUITA
COLABORACIÓN ESPECIAL: CARLOS NÚÑEZ
Retirada invitacións:
Taquilla do Auditorio:
Sábado: 12,00 a 14,00 h e de 17,00 a 20,00 h.
Domingo: 12,00 a 14,00 h. e de 17,00 a 20,30 h.
A Agrupación Folclórica "Colexiata do Sar" con "SONS PARA BADUAR" ven de crear un espectáculo de luz e son no que mesturará a ledicia das súas danzas, o tremer das gaitas, o colorido dos seus traxes, a rica coreografía das súas pezas e os cantares das súas pandereteiras, todo elo envolto por unha continuidade creativa a base de un fío condutor que irá describindo os diferentes ambientes no que se desenvolverán cada unha das pezas.
Cada acto será introducido por pezas musicais ou sons que transportarán ó espectador a unha Galicia descoñecida.
A música folk máis actual achegaranos as danzas antigas cheas de recordos do pasado. O son das olas do mar de Fisterra, a sirena dun barco, a luz dun faro, introducirán creacións artísticas que nos achegarán a Galicia mariñeira.
Os cantares despois de unha tarde de recolleita, o son do sacho fendendo a terra, revivirán en nós o pasado presente.
O gaiteiro solitario dará lugar a unha romaría chea de ledicia onde non faltarán o borracho do pobo, os raparigos pequenos correndo entre os adultos, os xoves na busca da súa namorada e os vellos símbolo do pobo, acumuladores de sabedoría e polo tanto principio e fin do noso espectáculo. Esa romaría final iniciada por un so gaiteiro como sinal de identidade do noso pobo, irá crecendo e crecendo ata unirse a ela unha chea de artistas da nosa terra, bailaríns, pandeiretas, e calquera outro que axude a mante-la nosa festa popular.
|